O Potiños convoca o concurso de fotografías con Tema Libre

Manuel Blanco, Diego Fernández e Noelia Mares.
photo_camera Manuel Blanco, Diego Fernández e Noelia Mares.
A Asociación O Potiños convoca o Concurso Fotográfico Tema Libre, no que tamén colaboran o Concello do Carballiño e o Centro Comercial Aberto

Neste certame, repartiranse case 1.000 euros en premios e valorarase a calidade técnica e estética.

Condicións

A organización prevé que a participación aumente nesta edición, se ben na anterior xa foron máis dun cento os traballos presentados. Poderán enviar as súas obras todas aquelas persoas maiores de 14 anos, con un máximo de tres fotografías por cada participante. O tema das imaxes será libre, pero non poderán ter sido publicadas previamente, nin presentadas a outro certame.

Os que opten ao concurso poderán facer uso de material técnico de calquera tipo, así como do retoque fotográfico; e as fotografías deberán enviarse á páxina web de O Potiños ata o 9 de setembro.

O Concurso Fotográfico Tema Libre foi presentado polo presidente da entidade, Manuel Blanco; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; e a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares.

Manuel Blanco agradeceu ao Concello e ao CCA a súa colaboración “para levar o nome do Carballiño por todo o país”. Asegurou que en pasadas edicións chegaron fotografías de moitos puntos,
incluso de fóra de España e anunciou que coas 20 mellores imaxes realizarase unha exposición. O edil destacou a relevancia do certame, no que participan fotógrafos de diferentes puntos do país e Noelia Mares felicitou a asociación pola súa traxectoria.

Te puede interesar