CARBALLIÑO

O PP alerta ao Concello de Carballiño de que perde a axuda para as Xociviga

Trátase da subvención para as Xornadasde Cine e Vídeo en Galicia

O grupo municipal do PP do Carballiño afirma que o expediente de solicitude de subvención para as Xociviga (Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia) do 2019, tramitado polo propio Concello, e presentado ante o AGADIC, "segundo trascende, non acada a puntuación mínima de 15 puntos necesarios para poder optar á subvención competitiva, e si iso é correcto, estaríase aceptando que a calidade e interese da programación proposta non é axeitada".

Dende o PP, instan ao Concello a que "solicite en tempo e forma o expediente, para poder presentar un recurso e así, poder ter acceso a dita subvención".

Te puede interesar