O CARBALLIÑO

O PP carballiñés reclama baixar a 30 días o prazo de pago das facturas

Desta forma, o PP sale ó paso das manifestacións do grupo de goberno actual que asegura que hai facturas non presupuestadas por importe de case un millón de euros

O grupo municipal do PP do Carballiño afirma que durante o seu anterior mandato so coa resolución de tres asuntos xudiciais aforróuselle ao Concello 5.312.000 euros, por ese motivo, considerando que deixaron as contas municipais saneadas esixen ao goberno socialista que rebaixe o periodo medio de pago a provedores e así sair do plan de axuste para poder rebaixar as taxas e impostos.


Os populares sinalan que de 1.400.000 euros que reclamaba Viaqua só se lle recoñeceu 590.000 para os custes de mantenemento durante sete anos da ampliación da depuradora do Arenteiro e da nova depuradora do Carrás. Tamén se refiren á sentencia que obrigaba ó derribo de parte do edificio do antigo hotel Rogelia que suporía uns 2.500.000 de euros "e conseguimos darlle a volta á situación legal e ter sentenza de inexecutabilidade", puntualiza o PP, quen engade que tamén se resolveu favorable ó concello a reclamación dunha empresa de transportes por importe de 212.000 euros, cuxos servizos prestara durante a anterior etapa de goberno socialista.


Desta forma, o PP sale ó paso das manifestacións do grupo de goberno actual que asegura que hai facturas non presupuestadas por importe de case un millón de euros, polo que será difícil rebaixar a 30 días o periodo de pago á proveedores e así salir do plan de axuste, tal e como reclamaba o Partido Popular dende a oposición, e que agora insiste en que o Concello ten posibilidades económicas para facelo.

Te puede interesar