PREVENCIÓN CONTRA O LUME

O PP cré que non pedir brigadas contra o lume “é aberrante"

Os populares aseguran que durante os anteriores anos o Carballiño tivo este servizo que subvenciona a Xunta de Galicia e que daba emprego a 10 persoas en dúas brigadas.

O grupo municipal do PP no Carballiño lamenta "a deixadez, irresponsabilidade e vagancia dun equipo de goberno socialista por non ter solicitado por non ser do seu interese, brigadas para loitar contra o lume no monte durante a tempada estival". Os populares aseguran que durante os anteriores anos o Carballiño tivo este servizo que subvenciona a Xunta de Galicia e que daba emprego a 10 persoas en dúas brigadas.

"Deben de saber os veciños que estas brigadas se organizaban en turnos que cubrisen as 24 horas de servizo cun operativo de 5 persoas por brigada, e que ademais estaban obrigadas a desbrozar cada unha delas 50 hectareas de monte de difícil acceso", engade o PP. Por iso, afirman que "parécenos aberrante, que os nosos políticos antepoñan a súa comodidade, por riba dos intereses xerais".

Te puede interesar