O CARBALLIÑO

O PP defende a presenza da oposición nos actos públicos

"Tentamos sempre acudir a tódolos actos públicos que se organizan dende as diferentes institucións"

Os populares do Carballiño defenden a súa presenza nos actos públicos, sinalando que "tentamos sempre acudir a tódolos actos públicos que se organizan dende as diferentes institucións". Salen ó paso das críticas do goberno municipal socialista que se referiu o "afán de de protagonismo" do portavoz, Argimiro Marnotes, ó sair
nas fotos oficiais xunto o equipo de gobierno durante a Festa do Pulpo. O PP afirma que  non entende "que non desexen que o resto de concelleiros dos diferentes grupos políticos que formamos a corporación asistamos de forma pública a estos acontecementos sociais, como pode ser a Festa do Pulpo".

Te puede interesar