SEGURIDADE

O PP do Carballiño reclama seguridade para os praceiros

photo_camera Exterior de la Praza de Abastos de Carballiño.

Propón ó Concello que saque a concurso os postos baleiros respectando aos que están abertos

O grupo do PP no Carballiño reclamou ao goberno municipal que resolva a incerteza na que se atopan os praceiros que teñen aberto un posto na Praza de Abastos, que nestes momentos descoñecen cal é a súa situación legal. Sinala o PP que é unha prioridade que se poidan sacar a concurso os postos que están baleiros, pero respectando os actuais que están abertos e dándolle garantía xurídica aos mesmos.

"No Partido Popular estamos preocupados pola situación de inseguridade na que parece que están os praceiros que na actualidade teñen o seu establecemento aberto, xa que a tenor de declaracións feitas por responsables municipais,  poderían non estar de forma legal  e verse abocados ao peche.

O goberno municipal recoñeceu recentemente que tivo que parar o concurso para a concesión dos 24 postos baleiros da Praza, xa que un informe técnico especificaba que debíanse sacar a concurso os 54 postos existentes, xa que os 30 que están sendo utilizados teñen a concesión vencida desde hai anos, polo que, á hora de regularizar a situación habería que facer una convocaoria conxunta. Diante desta situación, o goberno municipal está a estudiar posibles alternativas que permitan a apertura dos que están baleiros e ao mesmo tempo regularizar a situación dos restantes.

Na última Xunta de Portavoces do Concello, o portavoz do PP, Argimiro Marnotes, propuxo como solución, aprobar en pleno un regulamento municipal para a Praza, no que deberán quedar baixo a legalidade por un tempo por determinar, que podería ser de 15 a 25 anos, os postos que actualmente están abertos ao público e que se regularía por medio dunha disposición transitoria que así o recollera dándolle novos títulos. "Unha vez aprobado este regulamento, o _Concello sxa estaría en disposición de sacar a concurso a concesión administrativa dos postos pechados e así, dentro dun prazo estimado de 15 a 25 anos, o Concello tería nas mesmas condicións administrativas a todos os postos da Praza de Abastos", segundo afirma o portavoz "popular".

Te puede interesar