política

O PP pregunta cando se regulará o tráfico en Carballiño

Os populares tamén queren coñecer o plantexamento da Concellería para regular o paso de automóbiles na rúa Camiño da Rega

A instalación de cámaras para controlar o acceso de vehículos ás prazas da Alameda e Irmáns Prieto do Carballiño motivou ó grupo municipal do PP a plantexar á alcaldía unha serie de preguntas sobre a toma de este tipo de medidas. Deste xeito, o concelleiro Argimiro Marnotes desexa saber cando se vai poñer en marcha este sistema para o regulamento da circulación de automóbiles, e, en particular, se as devanditas cámaras se van poñer en funcionamento.

No mesmo sentido, os populares preguntan "como se vai proceder para distinguir se os vehículos que entran nesa zona poden ser ou non obxecto de sanción ó ser detectados polas cámaras". Marnotes suliña, ó respecto, que "o mellor sería que o Concello convocase ós veciños da Alameda, rúa Norte e Irmáns Prieto para explicarlles os pormenores deste proxecto".

Finalmente, o PP tamén quere coñecer cal é o plantexamento da Concellería de Tráfico para regular o paso de automóbiles na rúa Camiño da Rega, "xa que o pivote de prohibición que alí se colocou nunca estivo operativo". 

Te puede interesar