POLÍTICA

O PP propón que se exclúa da campaña electoral o Auditorio

Marnotes tamén solicita unha redución de polo menos o 50% do espazo destinado aos carteis electorais respecto da anterior campaña

O Partido Popular solicitou por escrito ao alcade de Carballiño que na relación de locais destinados á próxima campaña electoral se exclúa excepcionalmente para esta ocasión o edificio multifuncional pois a campaña coincide de cheo coa segunda quincena do mes de xuño, onde tradicionalmente se desenvolven actividades organizadas polos colexios de ensino do pobo e polas propias escolas municipais de diversas disciplinas, e que por aforo veñen utilizando este espacio.

"Non depende máis que da voluntade política para liberar a este espacio como local de campaña, pois é potesdade do alcalde decidir que locais se destinan para tal uso", sinala o portavoz popular, Argimiro Marnotes. O concelleiro lembra que o prazo de comunicación remata o 13 de maio ante a xunta electoral de zona.

"Este xesto sería moi ben acollido pola veciñanza, pois demostraría que os partidos políticos en campaña electoral non só están pendentes de pedir o voto senón que facilitan o normal desenvolvemento de activades".

Marnotes tamén solicita unha redución de polo menos o 50% do espazo destinado aos carteis electorais respecto da anterior campaña, que se deberá comunicar a xunta electoral ata o 10 de maio.

Te puede interesar