mercado local

A Praza de Abastos de Carballiño sorteou 12 vales de compra entre clientes

Eligio González e Silvia Baranda xunto ás nenas que sacaron as papeletas.
photo_camera Eligio González e Silvia Baranda xunto ás nenas que sacaron as papeletas.
Forma parte da  última campaña de promoción realizada pola Praza

A Praza de Abastos do Carballiño diu por finalizada este xoves a última campaña de promoción coa celebración do sorteo de 12 premios en vales de compra de 50 euros cada un e unha caixa de viño Pazo Tizón. Un grupo de nenas sacou as papeletas gañadoras, entre as máis de 8.000 que foron despositando os clientes ao longo das últimas semanas, e que recibiron dos comerciantes deste mercado por cada compra realizada.

As persoas gañadoras foron: Patricia Vázquez (Caixa de viño), e Mónica Iglesias Varela, Gladis Díaz Alonso, Isa, Mª Carneiro Gallardo, Lucía López Iglesias, Parrillada Os Amigos, Neli Estévez, Pura López, Otilia Alonso, Fidelina López, Mari Carmen García e Esperanza Barreiro, que obtiveron respectivamente 12 vales por valor de 50 euros cada un.

Para o sorteo contouse coa actuación do grupo musical Feitizo de Pau e asistiron a concelleira de Comercio, Silvia Baranda, e o presidente da Asociación de Praceiros, Eligio González. A edil declarou que o concello pretende darlle un impulso a este establecemento e destacou a campaña que contribúe a que "a xente acuda cada vez máis á Praza de Abastos". 

Eligio González referiuse a importante participación de clientes e sinalou que a Praza de Abastos quere estar presente nesta semana tan dinámica con motivo da celebración da Festa do Pulpo, anunciando a actuación de Feitizo de Pau mañá polas rúas do Carballiño. O presidente tamén destacou a "boa sintonía co concello" para promocionar este mercado.

Te puede interesar