CARBALLIÑO

A Praza de Abastos de Carballiño sortea vales, ceas, viño e pases de cine

Esta campaña, que leva por lema “O Mellor para Mamá” desenvólvese do 6 de abril ao 4 de maio

A Asociación da Praza de Abastos pon en marcha unha nova campaña de promoción das vendas con motivo da celebración do Día da Nai o próximo mes de maio. Nesta ocasión, os praceiros premian a fidelidade da clientela e as compras con tres vales de 50 euros cada un, tres ceas para dúas personas en tres restaurantes do Carballiño, unha caixa de viño Pazo Tizón e vinte entradas para o Cine Club Carballiño.

Esta campaña, que leva por lema “O Mellor para Mamá” desenvólvese do 6 de abril ao 4 de maio, e consiste en cubrir uns boletos que se entregarán polas compras no mercado municipal, depositalos nunha urna e esperar ao sorteo. O presidente da asociación, Eligio González, dixo no acto de presentación que a última reforma levada a cabo na praza, así como este tipo de campañas, estaban tendo unha moi boa acollida. 

Te puede interesar