COMERCIO LOCAL

A Praza reparte mil euros en premios para o Nadal

uploaded_plaza_result
photo_camera Adolfo Nogueira, á dereita, acompañado por un grupo de praceiros do Carballiño.

O presidente dos praceiros, Eligio González,  presentou a Campaña de Nadal como un incentivo para atraer máis clientela e fidelizar aos compradores habituais.

A Praza de Abastos do Carballiño repartirá 1.000 euros en premios entre a clientela durante a campaña de promoción do Nadal. Haberá dez premios, de 200, 100 e 50 euros, ata un total de 1.000 euros, para as persoas que resulten afortunadas no sorteo que se celebrará o 22 de decembro.

O presidente dos praceiros, Eligio González,  presentou a Campaña de Nadal como un incentivo para atraer máis clientela e fidelizar aos compradores habituais. Asegurou que o sorteo efectuado no verán fora todo un éxito e que esperaba que este o superase, pois a cuantía total dos premios é máis do dobre da anterior campaña. Ademáis, expresou o seu agradecemento ao Concello polo seu empeño en seguir modernizando as instalacións e apoiar a promoción do mercado municipal como lugar onde mercar produtos frescos e de calidade. 

Ao acto asistiu o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, que anunciou unha remodelación das instalacións da praza, cun proxecto que conta co financiamento da Xunta. 

Te puede interesar