Precintados uns residuos tóxicos próximos ó Carrás

Os residuos están a beira dun acceso e a 60 metros do río Carrás. (Foto: M.P.)
A Garda Civil do Carballiño procedeu a precintar o lugar onde o grupo ecoloxista Outeiro descubriu en torno a 300 kilogramos de residuos sólidos tóxicos, a unhos 60 metros do río Carrás. Trátase dun polvo, do que inicialmente se sospecha que pode ser 'algún plagicida con componentes coma o sofre. A tres metros a vaporización do vertido provoca irritación das mucosas respiratorias', sinalan os ecoloxistas.
Outeiro presentou as correspondentes denuncias nas oficinas da Policia Local do Carballiño e da Garda Civil. 'Ó mesmo tempo alertamos da necesidade de retirar urxentemente o vertido para que non chegue as augas do río, nin a cadea alimenticia. A salvación deste fin de semana foi que non choveu, senón teriamos outro desastre ecolóxico', puntualizan os responsabeis do grupo.

A Garda Civil desprazou ata o lugar dúas patrullas e tamén se presentou o xefe da Policía Local, mentras o Seprona recollía mostras para analizar. A zona, ahora precintada, está a beira do vial entre o Centro de Saúde e A Fontela.

Te puede interesar