O premio Losada Diéguez recaeu en Carpintero e Domingo Villar

O xurado da vixésimo quinta edición do premio 'Antón Losada Diéguez' decidiu otorgar os galardóns a Pablo Carpintero Arias, no eido de investigación e ensaio, e Domingo Villar, en creación literaria. A comisiòn seleccionadora reuniuse ó mediodía de onte na Casa do Concello de Boborás, baixo a presidencia do alcalde, Cipriano Caamaño.
Os integrantes do xurado valoraron no traballo 'Os instrumentos musicais na tradición galega', presentado por Carpintero, 'a singularidade dunha obra que recupera un mundo que se está a perder'. No caso de Villar e a súa novela 'A praia dos afogados', o fallo destaca 'a súa excelente construcción narrativa, que desenvolve unha trama chea de ritmo'.

Os gañadores recibirán cada un 6.000 euros e un diploma, nun acto previsto no pazo da familia Losada, en Moldes, o vindeiro sábado 13 de xuño.

Te puede interesar