Unha procesión abrirá a festa carballiñesa de San Ramón

Un total de 15 establecementos comerciais e de hostelería do Carballiño prestan a súa colaboración económica coa festa de San Ramón, que se celebrará o vindeiro venres no barrio do mesmo nome. O programa da xornada do 31 de agosto, tamén día de feira na vila, inclúe a queima dunha traca de 100 metros de longo na rúa Curros Enríquez, que anunciará a procesión co santo dende o templo de A Veracruz ata a capela do Asilo de Ancianos, prevista para as 12,30 horas, seguida dunha misa solemne.
Xa pola noite, na praza de San Ramón actuarán, dende as 21,00 horas, o trío Fin de Semana e o dúo Obice Capital, que pechará de madrugada o festexo, logo da sesión de fogos voadores, todo elo organizado pola Tapería O Pipote.

Te puede interesar