Programa sobre violencia de xénero nos centros de ensino

A Concellería de Igualdade e Benestar do Carballiño organiza un programa de sensibilización e de prevención da violencia de xénero en diferentes centros educativos do Carballiño. O obxectivo xeral do programa é concienciar ós mozos e previr a violencia de xénero dende a adolescencia.

O programa consta de catro sesións que se impartirán entre xaneiro e abril. Desenvolverase no Instituto Nº1 do Carballiño, Instituto Manuel Chamoso Lamas e no Colexio Sagrado Corazón, ós cursos de primeiro e segundo da ESO. Este programa xa se levou a cabo o ano pasado en primeiro da ESO, de maneira que para os alumnos de segundo trátase da continuidade do mesmo.
A súa finalidade é sensibilizar ó alumnado sobre a situación da muller nos diferentes ámbitos da vida e modificar actitudes sexistas.

Te puede interesar