A programación das Xociviga ten a curtametraxe de protagonista

A sala de proxeccións do Auditorio municipal do Carballiño acolle na vindeira fin de semana o ciclo 'Xociviga en curto', organizado polo Cineclube local coa colaboración da Concellería de Cultura. Os espectadores poderán asistir o venres 24 e o sábado 25, a unha escolma das mellores curtametraxes feitas por rapaces das localidades ourensás do Carballiño, Cenlle e O Barco de Valdeorras, e da luguesa de Chantada, entre outras.
As sesións, todas elas gratuitas, terán continuidade dende as 18,00 ás 23,00 horas e, entre elas, o público poderá ollar os traballos 'Ireneo', producido polo carballiñés Brais Fernández (xunto con María Xosé García), e tamén os realizados polos directores locais Pachi Baranda e Manuel Nanín, autores de 'RIP', 'Lentura' ou 'Dende o xergón'. O programa das Xociviga retomarase nos primeiros días de xuño.

Te puede interesar