Propietarios dun vado en Flores rexeitan a súa peatonalización

Os propietarios dos garaxes dun edificio da rúa Cesáreo Tizón do Carballiño non están dacordo coa distribución de mandos electrónicos feita polo Concello para o funcionamento dos bolardos que pechan o barrio de Flores, que dende o pasado xoves ten restricción á entrada de vehículos.
Os inquilinos, que habitan 32 vivendas, dispoñen da entrada de garaxe na parte posterior, que precisamente só ten acceso dende a rúa Baixada a Flores, pechada polos bolardos instalados polo Concello.

Así, os veciños afectados transmitiron ó concelleiro de Tráfico, José Antonio Barge, a necesidade da entrega dun mínimo de 30 mandos a distancia para poder entrar en Flores e gardar os seus coches. En caso contrario, presentarán un escrito solicitando que se suspenda o proxecto de peatonalización.

Te puede interesar