A Policía Local deseñou un rectángulo nas rúas con estacionamentos

Os propietarios de vados deben pintar na calzada

Os vados novos.
A antiga estructura de sinalización dos vados permanentes no Carballiño, que permiten ós seus propietarios o acceso libre ós seus garaxes dende a rúa evitando así que un vehículo aparcado llo impida, quedou obsoleta. Unha nova directriz da Concellería de Tráfico substituiu o tradicional pintado dunha franxa amarela no rebaixe da beirarrúa de entrada por un rectángulo da mesma cor, que os titulares da concesión teñen que debuxar na mesma calzada.
Neste sentido, os técnicos do citado departamento municipal remitiron ós veciños con vado unha circular, na que se lles advirte do cambio na normativa, 'comunicándolles que o rectángulo, que ten que conter unhas bandas diagonais en amarelo, non pode sobrepasar as dimensións dunha praza de estacionamento dun turismo, e teñen que estar a un mínimo de 50 centímetros da beirarrúa', sinala Francisco Valeiras, xefe da Policía Local.

Se ben hai carballiñeses que xa debuxaron os seus espazos respectivos, son moitos os que critican esta iniciativa do Concello. 'Se xa pagamos ó ano unha media de 45 euros por manter o vado, non ten moito sentido que gastemos os nosos cartos no pintado dunha zona, xa sexa rúa ou estrada, que é de titularidade municipal, da Consellería de Infraestructuras ou do Ministerio de Fomento', indicou Otilia González, presidenta da Asociación de Veciños 'Camiño'.


REPERCUSIÓN

Francisco Valeiras xustifica o cambio na ordenanza, 'xa que só atinxe ás rúas onde hai estacionamento libre, co obxectivo de reforzar a sinalización e impedir que calquera automobilista aparque o seu vehículo diante dunha entrada de garaxe ou calquera negocio que ten unha concesión de vado'. Esta medida, que repercute evidentemente nos petos dos cidadáns afectados, non suporá incremento algún para as arcas municipais, que ingresarán en 2010 unha cantidade estimada de 28.700 euros, tal e como recolle a partida correspondente dos orzamentos'.

Te puede interesar