lucha contra el machismo

Proposta para impulsar un punto de encontro familiar para víctimas de machismo, en O Carballiño

Esta iniciativa pretende prestar axuda ós menores e o seguimento de casos particularmente

A Mesa de Coordinación Para a Mellora da Atención ás Víctimas de Violencia de Xénero cerra o seu programa de actividades, desenvolto dende o pasado mes de novembro, ca proposta da creación dun "Punto de Encontro Familiar" no Carballiño.  

Actualmente, o punto de encontro sitúase en Ourense capital. Debido á cantidade de casos  que se rexistran e á importancia dun bo seguimento de cada un en particular, estase valorando a creación desta zona de encontro. Outra das medidas que se plantexa é a impartición de determinadas materias de apoio nos centros educativos de O Carballiño ós nenos que se ven afectados por casos de violencia de xénero nos seus fogares. 

Esta Mesa composta por representantes do Centro da Muller, da Garda Civil, Policía Local, Cruz Vermella e do Centro de Saúde, entre outras entidades, loita contra un problema que está tan asentado na nosa sociedade.Estas medidas son o colofón a unha gran cantidade de actividades en contra da violencia de xénero realizadas no último mes.

Te puede interesar