MELLORAS

Proposta para mellorar dúas variantes do casco urbano

Nunha delas se dificulta o tráfico de turismos e o paso do camión do lixo

O grupo municipal Alternativa Veciñal de Carballiño reclama nunha moción o acondicionamento dun tramo de 100 metros da variante que entronca a estrada de Ribadavia a través de Aquilino Sánchez, inclúe a Baixada de Flores e remata en Alberto Vilanova por Alexandre Bóveda. Sinala que nese tramo non hai beirarrúas e os vehículos carecen de visibilidade.

O mesmo ocorre coa rúa Faustino Santalices, cuxa saída está deseñada no plan urbanístico para desembocar en Ramón María Aller Ulloa rematando en Alberto Vilanova e Estrada de Ourense. Este é outro dos eixos moi transitados polo tipo de servizos que se concentran na zona, segundo apunta, e "a actual saída a través de Manuel Fernández Pousa e Carreira dificulta o tráfico de turismos e impide o paso do camión do lixo".

Te puede interesar