O PSdeG acusa ó PP de favorecer ás eléctricas

O voceiro do grupo municipal do PSdeG no Carballiño, Francisco Fumega, advirte que coa convalidación do Real Decreto de medidas urxentes do sector eléctrico, 'o goberno popular asestará o golpe de morte definitivo ás renovables e, específicamente, á economía do Carballiño, nomeadamente no que afecta a unha das empresas do sector punteiras e en activo no noso polígono industrial; sendo un dos poucos nichos de creación de emprego importante'.
O edil socialista refírese a empresa Aplicarmetal SL, que se dedica a fabricación dos aeroxeneradores, ubicada na Uceira, e que surte ós parques eólicos nos ámbitos nacional e internacional.

Fumega afirma que as decisións do goberno, 'postergan ó sector das enerxías renovables en función dos intereses das cinco compañías eléctricas españolas propietarias de todalas instalacións eléctricas, nucleares ou de ciclo combinado'.

O socialista acusa ao PP de 'estafar' ás empresas coa?paralización do concurso eólico para iniciar un novo proceso do que?'ata o día de hoxe non hai nada', con só 21 millóns de euros de?investimento e 'nin un posto de traballo, nin un parque construido', puntualizou.

O responsable socialista sinala que a política 'errática' dos?gobernos de Rajoy e Feijóo prexudica aos intereses das familias ?galegas e do Carballiño e vai 'contra calquera proxecto industrial baseado nas novas tecnoloxías e a eficiencia enerxética' ao paralizar as renovables en favor do lobby enerxético estatal. Ademáis engade que o goberno da Xunta está a 'acribillar aos cidadáns cando se somete ao dictado das cinco grandes compañías eléctricas', prexudicando ás familias coa subida da factura da luz.

Te puede interesar