O PSdeG de Carballiño esixe máis persoal de extinción para toda a comarca

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño puxo de manifesto 'a preocupacion que nos transmiten os veciños da nosa comarca no relativo ós incendios, e que case se pode considerar alarma ante os datos da Xunta en canto a persoal adscrito ó servizo de extinción de lumes neste verán'. Os socialistas apuntan, nese sentido, que o dispositivo da Xunta pasa de contar de sete a tres emisoristas; de sete vixiantes a un; de 18 a nove conductores de motobombas e de ter 22 brigadas compostas por cinco persoas a 17 brigadas con só catro compoñentes en cada unha delas.
O secretario comarcal do PSdeG, Francisco Fumega, resume que 'en total, de ter a 142 operarios vixiando os montes e apagando os lumes imos pasar a contar só co traballo de 81, é dicir, 61 menos que o ano pasado'. O socialistas engaden que 'a nosa responsabilidade obríganos a denunciar este feito e demandar enérxicamente á Xunta que repare esta agresión que pon en perigo a comarca, á que o seu presidente, señor Núñez Feijóo volve a dar a espalda, e nos deixa á nosa sorte ante tan terrible ameaza.'


ENTENDEMENTO

Francisco Fumega tamén quere resaltar, 'unha vez máis', a falta de iniciativa do goberno municipal de Argimiro Marnotes, asegura. O voceiro socialista na Corporación municipal do Carballiño suliña que o rexedor 'popular' non é capaz de presionar ós seus compañeiros de partido na Xunta 'nun tema de tan vital importancia para a defensa do Concello e da nosa comarca, poñendo de manifesto a súa falta de entendemento co Goberno autonómico'.

Te puede interesar