PARTIDOS

O PSdeG do Irixo pide a Sanidade reformas no centro de saúde

Iago Fariñas, tamén pedía que se "faga a limpeza e mantemento do entorno do centro de saúde de forma inmediata".

O portavoz do grupo municipal socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou un escrito ante a Consellería de Sanidade para solicitar que se faga cargo da reparación das filtracións de auga e humidades que sofre o centro de saúde na súa “sala de polivantes” así como de outras melloras que precisa o centro "ante a pasividade do goberno municipal". 

Engade o socialista que xa o pasado 22 de abril de 2016 rexistrou no concello do Irixo unha moción para a mellora e acondicionamiento do centro de saúde, na que se advertía que “no interior do propio centro de saúde, concretamente na sala de polivalentes chove, disto xa ten coñecemento o Concello dende fai xa máis dun ano sen que, a día de hoxe, fixera nada por arranxalo”.

Na referida moción, este grupo da oposición instaba ao Concello a que “faga as reparacións oportunas encamiñadas a evitar as filtracións de auga dentro das salas do centro de saúde como é o caso da sala de polivalentes onde chove desde hai un ano e do que é coñecedor o concello.”

Iago Fariñas, tamén pedía que se "faga a limpeza e mantemento do entorno do centro de saúde de forma inmediata". Con todo, a pesares do tempo transcorrido, "o goberno do Concello do Irixo non fixo labor algunha de mantemento nin de reparación das filtracións de auga polo que entendemos desde o grupo municipal socialista que é a nosa obriga poñer estes feitos en coñecemento da Conselleria", sinala. 

Te puede interesar