O PSdeG non ve xustificación para aplazar as Xociviga

O grupo municipal do PSdeG no Concello do Carballiño afirma sentirse moi preocupado pola continuidade das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga), tendo en contra que se trata 'dun dos actos culturais máis relevantes que se celebran dende hai moitos anos e que sen dúbida non sería de recibo deixar que se perdera'.
Nese senso, sinalan que 'agora vémonos sorprendidos por unhas declaracións do edil de cultura, Rodrigo González Hermida, a quén lle corresponde a organización do evento este ano, nas que manifesta que o goberno anterior non deixou nada preparado e que en edicións pasadas eran as concelleiras de Cultura , Inmaculada Ucha e Asunción Rivero, as que asumían de forma persoal a coordinación das xornadas, e que polo tanto non se ve capaz de organizalas'.

Os socialistas afirman que as bases do certame están asentadas tras superar carencias coma a dos proxectores e a falta de persoal técnico preparado, contando agora con xente con coñecementos nese senso, polo que consideran inxustificable que non se organicen.

Te puede interesar