O PSOE advirte que as escolas deportivas serán só 'para ricos'

O grupo municipal do PSOE do Carballiño manifestou o seu malestar polo que consideran un abandono da xestión das escolas deportivas do Concello por parte do equipo de goberno 'popular' de Argimiro Marnotes. Lembran que hai apenas un ano os pais do perto de 500 alumnos adscritos á práctica deportiva tan só abonaban unha taxa anual de 50 euros e dispuñan dunha completa equipación, patrocinada por casas comerciais, e de transporte gratuito.
Nembargantes, a partires de agora, deberán pagar 95 euros (sen equipación por falta de patrocinio e sen transporte), 'e con plan de axuste aprobado polo PP o seu custe vai ser de 166 euros no ano 2015', suliñan os socialistas. Para istes, estas actividades vanse converter en accesibles tan só para familias cun alto poder adquisitivo, é dicir, 'en escolas municipais para ricos', conclúen.

Te puede interesar