O PSOE critica o abandono e peche do museo etnográfico

O grupo municipal do PSdeG-PSOE do Carballiño manifestou onte o seu malestar polo actual estado de abandono no que se atopan as instalacións do museo etnográfico, o cámping municipal e todo o seu entorno. Os concelleiros socialistas consideran que é moi grave que as dependencias do Museo estén pechadas dende hai meses, o que suscita as queixas dos turistas que se achegan á zona para poder visitalo.
Ademáis, o voceiro do PSdeG-PSOE, Francisco Fumega, suliña que, 'estando pechado, existe un grave risco de deterioro dos interiores, xa que non se ventila de humidades cada un dos espacios deste museo'. Por parte do grupo municipal de goberno, o alcalde, Argimiro Marnotes, explicou que 'estamos elaborando o organigrama de persoal para incluilo nos orzamentos, e temos previsto destinar prazas para a atención a esas instalacións'.

Te puede interesar