O PSOE critica a falta de médicos no Centro de Saúde de Punxín

O PSdeG-PSOE vén de denunciar un novo capítulo de “recortes”, “precarización” e “desmantelamento” sanitario, “levado a cabo polo Partido Popular na provincia de Ourense”. Según os socialistas, “desta vez, tocoulle a Punxín, que veu reducido o horario de atención do centro de saúde, onde se presta servizo unicamente dende as 12,00 horas”. 

Ao respecto, a voceira do PSOE na Corporación de Punxín, Lorena Peleteiro, reivindica unha atención sanitaria de “calidade” para a veciñanza, xa que, segú explica “reducíronse os servizos sanitarios, e, en moitas ocasións, tan só se prestan os mesmos durante dúas ou tres horas”.

A edil socialista manifesta que dende o PSOE “imos a loitar para que esta situación non continúe, para que se cubra a praza da médica xubilada fai uns meses coas mesmas condicións e para que a veciñanza sexa atendida dignamente”.

Te puede interesar