TRÁFICO

O PSOE do Irixo pide frear os accidentes cos xabarís

Un xabaril morto ao borde dunha estrada no municipio do Irixo.
photo_camera Un xabaril morto ao borde dunha estrada no municipio do Irixo.

A moción tamén propón pedir a outras institucións a axuda técnica e financeira necesaria para solucionar o problema nos accesos que son de responsabilidade municipal.

O grupo municipal socialista do Irixo presentou unha moción para instar ao concello a que reclame dos titulares das estradas deste municipio medidas disuasorias para previr accidentes con xabarís.

A moción tamén propón pedir a outras institucións a axuda técnica e financeira necesaria para solucionar o problema nos accesos que son de responsabilidade municipal.

"O Irixo non debería quedarse atrás en reclamar para as súas estradas algún tipo de medida disuasoria para previr accidentes con xabarís, especialmente nas estradas principais que teñen maior circulación, e polas súas características e velocidades, o risco para os condutores e moito maior", afirma o portavoz dos socialistas, Iago Fariñas.

O concelleiro engade que "O Irixo é un dos concellos máis extensos da provincia de Ourense e de Galicia, con 121 quilómetros cadrados, e no que ás vías de comunicación teñen unha gran importancia para que a súa veciñanza se poida comunicar con axilidade pero tamén con seguridade".

Te puede interesar