O PSOE do Irixo reclama a legalización das fosas sépticas

Un vertido dunha das fosas sépticas.
photo_camera Un vertido dunha das fosas sépticas.

O portavoz do grupo municipal socialista do Irixo, Iago FariñasValiña, presenta unha moción instando ao goberno local á legalización, mantemento e limpeza das fosas sépticas dos pobos, evitando así os pagos das sancións á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que segundo afirman, ascenden a cerca de 30.000 euros anuais.
Por iso, propón ao Concello que mediante unha modificación de crédito habilite unha partida orzamentaria para poñer en marcha cos seus propios medios ou con axuda doutras administracións a legalización das fosas sépticas dos pobos que si teñen saneamento; e dotar do servizo “a case a metade dos pobos que non o teñen”.

O alcalde, Manuel Cerdeira, sinala que só foron tres sancións desde o 2016, de 1.564, 480 e 6.800 euros e insta ao socialista a que se dirixa ao organismo para que “non sexa tan sectario co Irixo, se deixase de selo a mitade destes problemas non se darían”.

Te puede interesar