TRÁFICO

O PSOE do Irixo reclama medidas de seguridade para as estradas

o grupo dos socialistas reclaman 23 actuaciones para que se instalen estas medidas de seguridade en estradas

O grupo municipal do PSdeG do Irixo presentará unha moción para o seu debate no pleno da corporación, na que instan ao goberno local a acometer un plan de mellora da seguridade e a sinalización das estradas do Concello. Os socialistas sinalan que varias pontes sobre ríos que atravesan o Concello carecen de vallas, barreiras de seguridade ou de quita medos de ningún tipo e noutras permanecen sinais de obras que xa se remataron hai anos.

Neste sentido, o grupo dos socialistas reclaman 23 actuaciones para que se instalen estas medidas de seguridade en estradas ao seu paso por pontes, curvas con terrapléns, mellora da sinalización, pintado de pasos de peóns ou colocación de novas sinais en puntos concretos do concello. Tamén instan os socialistas á retirada das sinais de obras e saída de camións das obras do AVE xa rematadas hai anos e que aínda permañecen na súa ubicación orixinal.n

Te puede interesar