POLÍTICA

O PSOE de Piñor critica o estado da desbrozadora municipal

Califica de "deixadez" e "desorganización" a xestión que está a levar a cabo o goberno municipal con respecto ó funcionamento do tractor de desbroce

O grupo socialista do Concello de Piñor califica de "deixadez" e "desorganización" a xestión que está a levar a cabo o goberno municipal con respecto ó funcionamento do tractor de desbroce que é propiedade do Concello, cando ata hai dous anos era totalmente correcto. O voceiro socialista, Francisco José Fraga, apunta, ó respecto, que "según as informacións que nos transmiten os veciños, o tractor pasa máis tempo no taller cá no que debería ser a súa función".

O concelleiro engade, no mesmo sentido, que, "deste xeito xa se está convertindo en habitual que os veciños de pobos como Coiras vexan que é a brigada de prevención de incendios a que se encarga de desbrozar os camiños e as pistas". Fraga tamén cita "outro caso que poideron comprobar os veciños de Moire, no que personal alleo ó Concello era o que manexaba o tractor". O portavoz do PSOE en Piñor lamenta que con esta falta de control por parte do Concello, "haxa moitos camiños de aldeas do municipio que presentan un gran estado de abandono, todos cheos de maleza". 

Te puede interesar