O PSOE reclama a conxelación de taxas municipais de cara ó ano 2014

O grupo municipal do PSdeG-PSOE do Carballiño presentou alegacións ás ordenanzas fiscais de 2014, que se debatirán no pleno que celebrará a Corporación municipal mañá luns, nas que reclama ó grupo de goberno a reducción das taxas do IBI e a conxelación das tasas de recollida do lixo.
Asimismo, os socialistas carballiñeses proponen a conxelación das tasas no servicio do Conservatorio e Escola de Música que, segundo din, o Concello pretende incrementar nun 20% sobre as tarifas estabrecidas. Tamén propoñen a conxelación das taxas para licenzas urbanísticas, así como a revisión dos impostos para vados, aparcamentos na vía pública e carga e descarga.

O grupo socialista xustifica estas propostas 'nas dificultades económicas que atravesan os cidadáns, que xa sufriron unha suba considerable de taxas nas ordenanzas fiscais do 2013'.

O PSdeG acusa ó grupo de goberno de Carballiño, que preside Argimiro Marnotes, de 'avaricia recaudatoria', xa que 'por terceiro ano consecutivo arremete contra as familias subindo impostos'.

Te puede interesar