O CARBALLIÑO

Unha publicación analiza a economía de Maside

"Ágora do Orcellón" foi editado polo Instituto de Estudios Carballiñeses 


O Instituto de Estudios Carballiñeses presentou onte o XXXI volume de ‘Ágora do Orcellón”, na que colabora a Consellería de Educación. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto. A publicación ofrece dous estudos amplos relacionados coa economía do concello de Maside, o primeiro deles centrado no reloxo da igrexa de Dacón (‘Os reloxos mecánicos de torre de carácter relixioso da comarca do Carballiño: igrexas de Dacón (Maside), O Campo (O Irixo) e Punxín’, da autoría de Estanislao Fernández de la Cigoña-Núñez) e o segundo nos tratantes masidaos, nomeadamente nos da parroquia de Garabás (‘De Garabás e Maside: Os tratantes, chaláns ou corredores de gando’, da autoría de Xosé Ricardo Rodríguez Pérez), ambos os dous na sección Orcellón. Participaron na presentación o rexedor municipal, Celso Fernández; o director da entidade organizadora, Avelino Muleiro; e tres dos autores das colaboracións deste XXXI volume: Xosé Ricardo Rodríguez, Estanislao Fernández, Miguel Álvarez, Xan Valcárcel e Manuel Alonso Macías. O novo volume deuse a coñecer no marco da asemblea xeral ordinaria da entidade promotora.

Te puede interesar