O PXOM carballiñés inclúe o nome cambiado dunha rúa

Unha das rúas do contorno do templo carballiñés da Veracruz figura co nome ‘Florentino López Cuevillas’ nos planos do PXOM, cando a súa denominación é ‘Adolfo Otero’, tal e como indica o PP á alcaldía nun escrito.
O voceiro do PP na Corporación carballiñesa, Argimiro Marnotes, presentou un escrito ante a alcaldía no que pon de manifesto o erro de denominación que figura no Plan Xeral de Ordenación (PXOM) para unha das rúas do contorno do templo parroquial da Veracruz.

Concretamente, trátase da rúa ‘Adolfo Otero Landeiro’, que nos planos urbanísticos aparece como ‘Florentino López Cuevillas’, un vial que coma o outro parte da rúa Eusebio Lorenzo.

Marnotes notou este erro ó presentar unha alegación ó proxecto de praza pública xunto á igrexa, ‘xa que López Cuevillas está totalmente urbanizada a diferencia da súa paralela, que é Otero Landeiro, e o que nós solicitamos é que poida conectarse ó vial proxectado na futura praza’. Así, o PP solicita unha revisión a fondo do PXOM.

Te puede interesar