HALLAZGO

Recuperado no Carballiño un xuizo especial de foros de 1947

O expediente forma parte do fondo do Tribunal Especial de Foros e atopábase custodiado nos depósitos do actual xulgado de 1ª intancia e instrucción número 1 do Carballiño.

A Xunta recuperou nos depósitos xudiciais do Carballiño documentación dun xuizo especial de foros de 1947, con arquivos do século XV ao XVIII. O documento atopouse durante o proceso de identificación da documentación anterior a 1946, considerada de interese patrimonial.

O expediente forma parte do fondo do Tribunal Especial de Foros e atopábase custodiado nos depósitos do actual xulgado de 1ª intancia e instrucción número 1 do Carballiño.

Trátase dunha reclamación de renda foral dirixida a aquel Tribunal, na que se inclúe un testamento de doazón de terras ao convento de Santo Domingo de Ribadavia, datado en 1427. Xúntase tamén unha  escritura de propiedade de 1601 e  unha Real Provisión de 1747 a instancia do prior do convento para facer prorrateo do foro do lugar de Sobreira Mayor.

O proceso de expurgo dos xulgados estase a levar en toda Galicia e pretende, ademáis de gañar espazo nos edificios xudiciais, mellorar o arquivo de documentos e salvagardar o patrimonio galego recuperando expedientes históricos de grande interese.

Te puede interesar