ANIMAIS

Reforzo para a campaña de control das mascotas

Trátase de seguir incidindo na sensibilización destas persoas para que as prazas, as rúas e os lugares públicos permanezan limpos

A campaña que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente do Carballiño para promover o uso responsable dos espazos públicos polas mascotas está a acadar os obxectivos marcados, e por iso a concelleira Érika Paz emprende unha segunda fase consistente na colocación de paneis informativos e carteis de sinalización nalgúns dos lugares máis frecuentados por persoas con cans. 

Trátase de seguir incidindo na sensibilización destas persoas para que as prazas, as rúas e os lugares públicos permanezan limpos.

Os paneis (mupis) colócanse na Praza Maior e no Auditorio, e a sinalización porase na entrada do Parque municipal, na Praza da Vera Cruz, na rúa Otero Pedrayo, na Avenida do Balneario e no centro da vila. Estas sinais teñen a finalidade de advertir aos propietarios dos cas da necesidade de recoller os excrementos e manter limpos os espazos públicos.

A raíz desta campaña, e co aumento da vixilancia nos lugares máis frecuentados polas mascotas, logrouse reducir o número de infraccións, segundo apunta a concelleira Érika Paz, "aínda que cómpre intensificar as medidas para que non baixe o grao de concienciación cidadá", sinala. 

Te puede interesar