TRABALLO

Reforzo do persoal para a limpeza do municipio

O Concello contrata 13 traballadores que se suman ás dúas brigadas que desbrozan as ribeiras do arenteiro

O Concello do Carballiño incorporou nestes últimos días a 10 persoas para realizar labores de limpeza e desbroce no termo municipal. Ademais, está previsto que empecen outros 3 traballadores na próxima semana, e algunhos máis uns días despois, co que a plantilla incrementarase dun modo significativo para facer fronte á importante carga de traballo que hai no verán e que non se poderia realizar co persoal do concello.

Estas brigadas escargaranse do cometido da limpeza das rúas e prazas e coidado dos xardíns do casco urbano, así como dos viais e desbroces nos barrios e na zona rural. A contratación temporal destas persoas está sendo posible gracias a subvencións concedidas por diversas institucións e organismos como o Inem, a Deputación provincial e a Xunta de Galicia.

Desde hai dous meses o Carballiño conta ademais con outras dúas brigadas contratadas polo concello a dúas empresas que se encargan do desbroce e mantemento dos sendeiros e ribeiras do río Arenteiro, desde a Ponte de Veiga ata o Balneario, e desde o Balneario ata a Piscifactoría e Parque Etnográfico.

Te puede interesar