O CARBALLIÑO

Remata o plan de melloras nas instalacións deportivas

Con estas melloras, o responsable de deportes pretende dar unha solución a aquelas deficiencias urxentes das instalacións municipais.

A área de deportes do Concello do Carballiño rematou o arranxo do vestiario número un do Pabillón Paco Chao, no que se colocou novo piso con loseta antideslizante, así como a renovación do alicatado. Nestes traballos invertironse uns 3.000 euros e, tal e como apuntaba o edil de Deportes, Manuel Dacal, "marca o inicio dos traballos nesas instalacións deportivas", onde nos vindeiros meses procederase a renovación e arranxo do resto de vestiarios, e a limpeza xeral da pista central do pabellón.

Ademais, e tamen dende a área de Deportes, iniciarase nestes días a reposición da recollida de augas na marxe dereita do campo municipal da Uceira, onde comprobouse que, por falta dunha boa instalación desta canalización, estase afondando parte da zona de xogo.

Nese mesmo campo realizáronse xa neste último verao os traballos de limpeza, desbroce e reposicion do caucho, en todo o terreo de xogo e zonas limítrofes.

Con estas melloras, o responsable de deportes pretende dar unha solución a aquelas deficiencias urxentes das instalacións municipais.

Te puede interesar