augas

A renovación dun colector de augas evitará verquidos no río Carrás

Con este proxecto, os responsables municipais pretenden poñer fin a unha vertedura da rede de saneamento que está contaminando o río

O Concello do Carballiño acaba de facer pública no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de procedemento aberto para elexir a oferta máis vantaxosa con vistas a execución da obra de renovación do colector de saneamento nas rúas Aquilino Sánchez e San Cibrao. Ademais destas dúas rúas tamén se verá afectada polos traballos a rúa Loureiro e o río Carrás.

Con este proxecto, os responsables municipais pretenden poñer fin a unha vertedura da rede de saneamento que está contaminando o río Carrás.

A publicación da convocatoria no BOP faise segundo o acordo da Xunta de Goberno Local, con data do pasado 26 de xullo deste ano 2017. O prazo de execución do proxecto de renovación do colector de augas residuais é de dous meses. O Concello do Carballiño contempla para elo un presuposto máximo de 112.530 euros (IVE engadido). As empresas interesadas poderán facer as súas correspondentes ofertas para a execución das obras. 

Te puede interesar