MAIORES

A residencia de Carballiño acolle a 120 persoas nas festas do Nadal

A Consellería de Política Social está a desenvolver un ano máis o programa “Xuntos polo Nadal”

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, visitou a Residencia de Tempo Libre do Carballiño onde estivo cos 120 participantes no programa “Xuntos polo Nadal”, que onte comezaron a súa convivencia de 11 días neste centro de titularidade autonómica. A directora xeral estivo acompañada da delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.


A Consellería de Política Social está a desenvolver un ano máis o programa “Xuntos polo Nadal”, facendo posible que un total de 240 persoas maiores que viven soas compartan estas festas no Carballiño e na Residencia de Panxón. 

Te puede interesar