O Ribeiro centrou a xornada de clausura do ’Chamoso Lamas’

Participantes no congreso e organizadores, antes da entrega dos diplomas.
O congreso do Centro de Estudios ’Chamoso Lamas’ foi clausurado na noite de onte coa entrega de diplomas ós participantes. A derradeira sesión pechouse con traballos encol do Ribeiro e unha cata guiada dos seus viños.
A presidenta do Centro de Estudios ’Chamoso Lamas’ do Carballiño., Rosa Ricoy, deu por clausurado na noite de onte o congreso ’O home e o medio: lembranza histórica’, que durante a fin de semana reuniu a un cento de participantes na Casa da Cultura da vila.

As últimos traballos de inves tigación presentados centráronse en aspectos vencellados coa vitivinicultura e unha aposta polo redescrubremento de rutas na comarca do Ribeiro.

A xornada pechouse cunha cata de viños brancos e tintos da Denominación de Orixe que motivou curiosidade por parte dos asistentes, que plantexaron preguntas ó enólogo encargado de guia-la actividade. Os organizadores valoraron o incremento tanto de persoas inscritas coma as máis de 30 comunicacións elaboradas polos investigadores.

Te puede interesar