O CARBALLIÑO

A Ruta das Tapas estará dedicada ós concellos de toda a comarca

As froitas de tempada, combinadas con outros ingredientes culinarios, serán protagonistas da nova edición da Ruta das Tapas que teñen programado para o próximo venres

As froitas de tempada, combinadas con outros ingredientes culinarios, serán protagonistas da nova edición da Ruta das Tapas que teñen programado para o próximo venres, 29 de abril, a Concellería de Turismo e os establecementos hostaleiros do Carballiño inscritos nesta iniciativa.

Como cada último venres de mes, dende o pasado outono, estase realizando esta singular promoción dos mesóns e bares carballiñeses, que ofertan pinchos ao prezo de 1 euro, acadando un éxito extraordinario tanto entre os veciños da vila como entre os numerosos visitantes.

Nesta ocasión, a ruta vaise dedicar aos concellos de toda a comarca, e o próximo xoves presentarase unha mostra das tapas que ofrecerán os 29 establecementos hostaleiros aos seus clientes, nun acto no que participarán representantes de todos os concellos da comarca do Carballiño.

Te puede interesar