A Ruta das Tapas estará dedicada ás parroquias

Os clientes dos establecementos hosteleiros poderán degustar 29 tapas nas que os ovos serán o ingrediente principal

A hostalería do Carballiño dedica a nova edición da Ruta das Tapas ás 13 parroquias que conforman o municipio do Carballiño. Debido a celebración da Semana Santa, trasládase esta actividade de promoción da vila e dos establecementos hostaleiros ao venres, 1 de abril.

Nesta ocasión, o público terá a oportunidade de desgustar 29 formas diferentes de tapas nas que o ingrediente principal serán os ovos.

Os ovos serán o produto estrela, cos que os mesóns, bares e restaurantes da vila derrocharán imaxinación e diversidade de sabores. Un grupo de participantes realizarán previamente o próximo 30 de marzo unha demostración das súas propostas de tapas e pinchos cociñados cun dos produtos gastronómicos máis básicos pero que permiten máis combinacións culinarias, segundo coinciden en sinalar estes profesionais da cociña.

A cartelería promocional atópase exposta nos locais que forman parte desta actividade, que atrae a atención de moitos carballiñeses e visitantes, e que vai en aumento a cada edición, tal e como valoran os responsables municipais.

Te puede interesar