gastronomia

A Ruta das Tapas de Carballiño pecha esta tempada cos sabores da terra

Acto de presentación da Ruta das Tapas deste mes de maio.
photo_camera Acto de presentación da Ruta das Tapas deste mes de maio.

Unha iniciativa na que participan 14 establecementos hostaleiros da villa

Conclúe a Ruta das Tapas desta tempada que comezaba no mes de outubro do 2018 coa homenaxe aos produtos da terra. Os 14 establecementos hostaleiros que forman parte desta iniciativa ofertarán unha gran variedade de tapas que se poderán degustar este venres, e o venres seguinte, 10 de maio, a partir das 20,00 horas.

A ruta foi presentada este xoves no establecemento Ernesto Patio Bar, nun acto ao que asistiron o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, e representantes dos establecementos hostaleiros.

Queixo de Arzúa rebozado e con marmelada de tomate, pulpo á mugardesa, montadito de lomo con queixo San Simón da costa, empanada de berberechos ou allada de zamburiñas e langostinos, son algunhas das tapas que se poderán desgustar ao prezo de 1.50 euros.

Na app "quedamosdetapas" poden descargarse as fotografías da oferta de cada un dos locais. 

Dacal destacou o éxito desta edición a punto de rematar e dixo que estas últimas xornadas están dedicadas aos productos da terra coma unha homenaxe ás Letras Galegas. Así mesmo, agradeceu a colaboración dos 14 locais participantes, da adega Pazo Tizón e dos demais patrocinadores, e animou á veciñanza e visitantes a achegarse hoxe a estes establecementos.

Noelia Mares lembrou a posibilidade de obter premios coa degustación das tapas polo que convidou a participar e Tino Dacal, en representación dos hostalerios,  agradeceu a colaboración das entidades patrocinadoras.

Te puede interesar