O Serán reúne en O Irixo a nove grupos musicais

Compoñentes da banda mostran o cartel do I Serán do Outono.
photo_camera Compoñentes da banda mostran o cartel do I Serán do Outono.

A Banda de Gaitas e Danzas O Irixo organiza para o próximo 21 de outubro o I Serán de Outono, un evento de música e baile tradicional que terá lugar na carballeira de O Campo.

As actividades comezarán ás 19,00 horas cun obradoiro de baile tradicional gratuíto, seguido dos concertos dos grupos invitados que se iniciarán ás 20,00 horas. 

A organización conta coa participación das agrupacións: Gaitas e Danzas Airiños de Arnoia, Xunquereteiras, Tokaide, Terras do Arenteiro, Pandereteiras de Zobra, Ala, Pepes, Pandereteiras de Rebulir, Flor de Toxo e Banda de Gaitas e Danzas O Irixo. Ao remate das actuacións, poderase participar nunha foliada libre.

O evento contará con carpas en caso de choiva, venta de bocadillos quentes, chocolate e bebidas que se poderán mercar no bar, así como numerosos sorteos que se realizarán ao longo da noite. As rifas xa están á venta e pódense adquirir físicamente ou nas redes sociais da Banda de Gaitas e Danzas O Irixo, ata o propio día do evento, segundo indican os organizadores.

Te puede interesar