Un servizo de catering para fritir os ovos no Mosteiro

A segunda edición da ‘Festa do Ovo Frito’ xa ten fixada a data do 29 de xuño no entorno histórico artístico e etnográfico do Mosteiro, na parroquia carballiñesa de Lobás e coincidindo co seu antigo patrón, San Pedro. A asociación cultural Orde dos Cabaleiros pretende contratar un servizo de catering para liberar ás veciñas e veciños da aldea do traballo da cociña.
Os directivos da Asociación Cultural ‘Orde dos Cabaleiros do Mosteiro’ reuniranse na vindeira semana para perfilar os detalles de organización da ‘Festa do Ovo Frito’, que se celebrará o vindeiro 29 de xuño na citada localidade da parroquia carballiñesa de Lobás.

Tra-lo éxito da primeira edi ción, desarrollada o 30 de xuño do pasado ano e á que asistiron 300 comensais, o colectivo organizador pretende ‘dar un descanso ás veciñas e veciños do Mosteiro que traballaron arreo nos fogóns e poidan disfrutar coas súas familias da festa’, sinala Xosé Moleiro, o seu presidente.

Neste senso, a intención dos ‘cabaleiros’ é a contratación dun servizo de catering, ‘que non se encargue só de friti-los ovos, os chourizos e as patacas, senón tamén de cocer unha caldeira de polbo para a xente que desexe amplia-lo menú’.

Xosé Moleiro lembra o apoio que recibiu o evento por parte do párroco de Lobás e as empresas colaboradoras, pero engade que ‘estamos á espera dunha subvención do Concello do Carballiño, que foi comprometida o pasado ano e que foi xustificada ó traverso dunha factura’.

Te puede interesar