O servizo de recollida de lixo suspéndese o venres

A Concellería de Medio Ambiente do Carballiño advirte ós particulares e empresarios que os traballadores do servizo municipal de recollida de lixo disporán este venres, 22 de abril, dunha xornada de descanso co gallo da celebración da Semana Santa.
Así, o responsable deste departamento do Concello, Bernardo García, recomenda ós veciños 'que non depositen bolsas de lixo nos contedores dende as 8,00 horas de hoxe, xoves 21, ata as 20,00 horas do venres'. O edil nacionalista subliña que 'o principal obxectivo é manter as nosas rúas e lugares de lecer en perfectas condicións de salubridade e ornato público' durante esta semana.

Con este aviso, o Concello tenta evitar as situacións que se veñen rexistrando durante as fines de semana, cando determinados propietarios de establecementos comerciais deixan caixas de cartón e embalaxes fóra dos contedores. Bernardo García lembra que 'o pasado domingo día 3 arderon varios depósitos na Praza da Mina, debido á acumulación deste tipo de materiais'.

Te puede interesar