Servizos Sociais fomenta a autoestima das mulleres

O Centro de Información ás Mulleres do Carballiño programou un obradoiro de Habilidades Sociais e Resolución de Conflictos, que tivo unha gran acollida por parte dos veciños da vila. Proba delo, segundo sinala a concelleira responsable, Purificación Alberte, 'é que, en poucos días apuntáronse moitas mulleres, quedando aínda algunhas prazas por cubrir'.
Por elo, a edil anima ás mulleres que desexen realizar este obradoiro para que se inscriban canto antes nas dependencias dos Servizos Sociais. Entre os obxectivos figura o fortalecemento da autoestima persoal e a toma de conciencia das habilidades para potencialas.

Te puede interesar