Os socialistas alertan sobre a maleza nas zonas públicas

O grupo municipal do PSdeG-PSOE do Carballiño vén de suliñar que 'non entendemos que as principais entradas da nosa vila estean invadidas pola maleza'. No mesmo sentido, os concelleiros socialistas tampouco comprenden que 'o paseo do río Arenteiro pareza unha selva por prácticamente todo o seu percorrido, polo que os usuarios deste sendeiro xa fixeron ver o seu malestar e preocupación pola imaxe que se está a dar'.
O voceiro socialista, Francisco Fumega, apunta que 'ocorre o mesmo en espacios como a área fluvial do Cuco e algunhas zonas do Parque Municipal'. Un exemplo do abandono que o PSdeG ve por parte do equipo municipal de goberno é o estado no que se atopa o contorno do antigo Centro Comarcal, ó carón da estrada N-541 (Ourense-Pontevedra). Fumega indica que 'é o principal punto de acceso á vila onde a maleza invade todo o espazo', e engade que na mesma situación están os xardíns do pavillón polideportiva e os terreos lindantes coas piscinas municipais.

Por outra banda, o grupo socialista carballiñés chama a atención sobre a falta de limpeza nas parroquias e núcleos do rural. O voceiro do PSdeG manifesta que 'a estas alturas do mes de agosto son multitude de emprazamentos e áreas verdes do rural que aínda non foron visitadas polo concelleiro de Medio Ambiente'. Fumega destaca que 'as asociacións veciñais xa nos amosaron o seu malestar por esta situación'.

Te puede interesar