Os socialistas alertan dos malos olores nos sumidoiros

O grupo municipal socialista do Concello do Carballiño está recollendo numerosas queixas de veciños pola falta de limpeza da rede de sumidoiros, tanto nas parroquias como no casco urbán, o que nos pasados días xa comezou a provocar molestias en forma de cheiros case que insoportables, segundo sinalan os concelleiros.
'A ausencia dun debido mantemento desta rede xera nos días de calor un profundo hedor que co paso de tempo vai a peor', engade este grupo da oposición. Veciños da rúa Principal, Perfectino Vieitez, a rúa de Ourense ou do pobo do Varón xa se queixaron destes feitos ás autoridades municipais, 'pero como é habitual no señor Marnotes e o seu goberno, a resposta consistiu en boas palabras pero nin un só feito, nin unha soa acción para solucionar un problema relativamente sinxelo', sinalan.

O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, recoñeceu que os malos olores procedentes dos sumidoiros na rúa Principal e outras zonas é un problema que se arrastra dende fai moitos anos e que ocurre cando fai calor ou cando chove moito debido fundamentalmente a antigüidade das instalacións. Asegura que por ese motivo se están facendo limpiezas periódicas. Marnotes tamén sinalou que o Concello ten a intención de solucionalo, xa que é un dos asuntos que pretende abordar coa empresa Aquagest.

Te puede interesar